martes, 15 de mayo de 2012

Os sete magníficos mais un na Sangriña:::

O pasado 20 de abril, ás doce e media da mañá, Fran Rei e Pedro Brandariz da compañía Os Sete Magníficos mais Un, representarán no IES A Sangriña a obra "Dous pallasos en apuros" . Este traballo dos dous famosos clowns de Culturactiva, que vén presentado polo éxito colleitado en numerosas representacións, será ofrecido solidariamente por Fran e Pedro como agasallo ao alumnado do colexio San Xerome Emiliani, que leva anos desenvolvendo un extraordinario labor de creación e comunicación por medio do teatro.

No mes de febreiro, Fran Rei ofreceu un curso de formación teatral no IES A Sangriña para alumnado do grupo de teatro do instituto e alumnado do Colexio San Xerome e do CEIP A Sangriña. Estes centros participan conxuntamente nun proxecto europeo (Comenius Regio) que promove a integración, neste marco incluíuse este curso, como unha máis das numerosas actividades compartidas. A experiencia foi enormemente satisfactoria para o alumnado participante e para o profesor que dirixiu o curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario