lunes, 18 de junio de 2012

FALLO DO XELA ARIAS:::

De novo, o IES A Sangriña organiza o Certame de Poesía homenaxe á  poeta, que foi profesora do instituto, Xela Arias Castaño. O acto  literario celebrarase este ano na Libraría Ler da Guarda. Este ano  contaremos coa escritora e profesora Olivia Pena para lembrar a  importancia da poeta, tamén teremos a oportunidade de escoitar algún  dos seus poemas acompañados pola música de Alfredo Garrido. Finalmente  coñeceremos os poemas gañadores do certame e farase a entrega dos  premios aos mozos e mozas poetas.
Desde a Dirección do IES A Sangriña convidámosvos a asisitir a este  acto. As persoas que asistan recibirán un "agasallo poético".

 
O xurado fallou onte,  18 de xuño, o concurso, sendo os seguintes os seleccionados:


CATEGORÍA A (12 A 15 ANOS):
1º PREMIO: MARCELA PORTO MATO, alumna do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela.
2º PREMIO: NOELIA REY CANEDA, alumna do IES de Sanxenxo (Pontevedra).
MENCIÓN ESPECIAL: MARCELA PORTO MATO 

CATEGORÍA B (16 A 20 ANOS):
1º PREMIO: ALBA SOUTO RODRÍGUEZ,  alumna do IES Virxe do Mar de Noia (A Coruña)
2º PREMIO: PEDRO CAMPOS GARCÍA, alumno do IES Praia Barraña, Boiro (A Coruña)
PREMIO: ALBERTO MARTÍNEZ DOS SANTOS,  alumno do IES Auga da Laxe de Gondomar (Pontevedra).
 
 
O xurado estivo formado polas seguintes persoas:
MANUEL ROSENDE TORRES. PROFESOR DE LINGUA GALEGA E LITERATURA.
Mª CRUZ RIVAS CARRERA. PROFESORA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA.
OLIVIA PENA ARIJÓN. ESCRITORA. PROFESORA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA.
MARISOL DIZ AMIL. BIBLIOTECARIA MUNICIPAL. SECRETARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL GUARDESA.
PILAR CARRO LOUREIRO. DIRECTORA DO IES  A SANGRIÑA. COORDINADORA DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
 
 
Lembra que o acto literario de entrega de premios será este xoves día 21 ás 20:30 hrs. na libraría Ler (R/ Galicia, 16, A Guarda)

No hay comentarios:

Publicar un comentario